Doblete de ouros e pratas para os taekwondistas do Neka nos Campionatos de España e Galicia

•Junior Martínez proclamouse campión de España de combate, e Pedro Luis Pérez “Wiwi” foi subcampeón •Ambos deportistas volveron a arrasar no Campionato Galego, cun ouro para Wiwi e unha prata para Martínez

O adestrador do Neka, José Mª Vega, cos deportistas Pedro Luis Pérez “Wiwi” e Junior Martínez, cos trofeos logrados no Campionato Galego, a finais de decembro. (Foto cedida)
• O club Neka de Monforte completou o seu palmarés con outras catro medallas, neste caso en combate. A mediados de decembro, Junior Martínez proclamábase campión de España sub 21 de taekwondo, e Pedro Luis Pérez “Wiwi” foi subcampión da proba nacional en -58.
WIWI, ELIXIDO MELLOR COMPETIDOR DO CAMPIONATO GALEGO
A boa racha dos monfortinos culminaba días despois no Campionato Galego, proba na que Martínez gañaba a medalla de prata combatindo nunha categoría superior á súa. Wiwi lograba subir ao máis alto do podio como campión galego, ademais de ser elixido Mellor Competidor do Campionato Galego polos técnicos dos diferentes clubes. Un recoñecemento para o que tamén estivo nominado Junior Martínez.
Nesta proba, o Neka logrou o terceiro posto na xeral por equipos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Miguel Anxo López Colón, do CB Sarria, gañou o concurso de postais da Federación Galega de Baloncesto

Seguinte Nova

Augas Santas rematou o ano con torneos e a cea de Nadal

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: