Miguel Anxo López Colón, do CB Sarria, gañou o concurso de postais da Federación Galega de Baloncesto

Miguel Anxo López Colón, do CB Sarria, gañou o concurso de postais de Nadal que organizou a FEGABA. (Foto: CB Sarria).

•A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) felicitou o Nadal cunha postal de deseño sarriao. O xove deportista do CB Sarria Miguel Anxo López Colón, de 10 anos, foi o autor da postal gañadora do VIII Certame de Deseño  “O Baloncesto e o Nadal”, que organiza a entidade federativa galega. López Colón, que cursa 5º de Primaria no CPR La Merced, milita nas filas do Adrián Salgado CB Sarria, en alevín masculino. Ademais da alegría de ver o seu traballo na tarxeta oficial da FEGABA, o deportista recibiu un lote de agasallos. Dende o CB Sarria felicitaron a Miguel Anxo e á súa familia.  (Foto: CB Sarria).

Deporte e solidaridade encheron a axenda do CB Sarria durante o Nadal

•Xornada de confraternidade, dúas charlas formativas e a tradicional campaña de recollida de xoguetes e libros

O club sarriao desenvolveu a xa tradicional campaña solidaria de recollida de xoguetes e libros. (Foto: CB Sarria).
• A familia baloncestística do CB Sarria sacou o máximo partido aos días de Nadal. Segundo é costume nesta formación, os días vacacionais aproveitáronse para desenvolver outros valores tamén vinculados á prática deportiva, como a solidaridade. A campaña de recollida de xoguetes e libros contou cunha resposta «moi alta» de familias, xogadores e adestradores do CB Sarria. Os materiais recollidos foron entregados a Cáritas Interparroquial.

 

Xornada formativa sobre hábitos saudables e primeiros auxilios, organizada pola entidade deportiva sarriana para adestradores, familias e xogadores do club. (Foto: CB Sarria).
FORMACIÓN E SAÚDE
Tamén houbo tempo para a formación nestes días. O día 28, o club organizou unha xornada formativa a cargo de Juan Carlos Maceiras, profesor da Escola Galega de Entrenadores de Baloncesto, e o médico Ramón Muñoz. Os asistentes puideron coñecer o uso do desfibrilador, técnicas de reanimación cardiopulmonar, e hábitos de vida saudables.

 

Pais, nais, adestradores e xogadores das categorías base, na xornada de confraternidade que celebrou o CB Sarria con motivo do Nadal. (Foto: CB Sarria).
No CB Sarria quixeron despedir o ano con diversión. Con este fin, o 30 de decembro tivo lugar no Novo Chanto un evento de confraternidade a través do deporte. A cancha de baloncesto enfrontou ludicamente aos xogadores das categorías base contra os seus nais e pais, nun partido que rematou, loxicamente, con gañadores en ambos bandos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 30 de xaneiro para participar no Certame de Coplas de Entroido de Sober

Seguinte Nova

Doblete de ouros e pratas para os taekwondistas do Neka nos Campionatos de España e Galicia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: