Ata o 30 de xaneiro para participar no Certame de Coplas de Entroido de Sober

•Hai tres premios valorados en 200, 100 e 50 euros para as mellores coplas

O Certame de Coplas inicia o programa de celebración do Entroido en Sober. Na imaxe de arquivo, un dos premios do concurso de Comadres organizado polo Concello de Sober. EC
• O Concello de Sober convoca o Certame de Coplas de Entroido, aberto a particulares e grupos de calquer idade. O obxectivo do Certame é manifestar, de xeito crítico ou humorístico, feitos acontecidos durante o ano.
CRÍTICAS CON RESPECTO
O contido crítico das coplas, que deberán estar en verso, manterá en calquer caso o respecto ás persoas. Os sucesos referenciados deberán estar vinculados, preferentemente, con Sober ou coa Ribeira Sacra.
BAILE DA CACHUCHA
As coplas entregaranse na Biblioteca Pública de Sober ou nas oficinas do Concello ata o 30 de xaneiro. Daranse tres premios, valorados en 200, 100 e 50 euros, para as mellores composicións. O acto de entrega será o 10 de febreiro, durante o XII Baile da Cachucha, no pavillón do colexio Virxe do Carme.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preto de 900 mozos e mozas participaron nas actividades da Casa da Xuventude de Chantada en 2017

Seguinte Nova

Miguel Anxo López Colón, do CB Sarria, gañou o concurso de postais da Federación Galega de Baloncesto

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: