O programa provincial Ben Empregado 4 xerou 500 novos postos de traballo en 2017

•Os plans de fomento do emprego da Deputación impulsaron en total 700 novas ocupacións durante o ano pasado

O presidente da Deputación, Darío Campos, na Xunta de Goberno na que se aprobaron as axudas a entidades e asociacións lucenses no Ben Empregado 4. GPDL
• A Deputación aprobou a finais de ano a resolución das axudas do Ben Empregado 4, un programa de fomento de emprego co que o organismo provincial financia ata o 100% dos custos laborais de desempregados lucenses contratados en empresas e entidades da provincia. Segundo explicou o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o montante das axudas suma 2,4 millóns de euros, cos que o organismo provincial impulsa un total de 201 novos postos de traballo.
PERFÍS PROFESIONAIS VARIADOS
Campos Conde salientou que esta quenda do Ben Empregado 4 demanda perfís profesionais de todos os sectores, dende camareiros e albaneis ata psicólogos e deseñadores gráficos, ademais de enxeñeiros, xornalistas ou educadores sociais, entre outros. O prazo de solicitude destes empregos abrirase neste mesmo mes de xaneiro.
FINANCIACIÓN DOS CUSTES LABORAIS DURANTE UN ANO
O titular provincial lembrou os detalles do programa Ben Empregado 4, unha das iniciativas que responden “á nosa aposta por unha Deputación social e coas persoas”. A dotación do programa, de 2,4 millóns de euros, servirá para financiar, durante un ano, a totalidade dos custos laborais de 60 lucenses que estaban no paro, con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social, ou que van incorporarse a un traballo nunha entidade de iniciativa social. A financiación será do 50% no caso dos novos traballadores, 141 en total, que desenvolverán as súas tarefas en negocios autónomos ou en pequenas e medianas empresas lucenses.
BALANCE
Campos Conde aproveitou o remate do ano para facer balance das actuacións provinciais en emprego, que deron lugar a máis de 700 novos postos de traballo durante 2017. O “esforzo inversor” do organismo provincial neste eido acadou os 8,4 millóns de euros. Esta será a liña que vai seguir a Deputación de Lugo en 2018. “Seremos de novo a administración galega que máis inviste en verdadeiras políticas de inserción laboral na provincia, xa que imos investir un mínimo de 9 millóns neste ano”, afirmou o presidente. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O sur de Lugo pasou de 45 a 67 liñas de autocar nos últimos meses

Seguinte Nova

En marcha ata o 30 de abril o Plan de Vialidade Invernal da Xunta

Últimas noticias sobre EMPREGO

A %d blogueros les gusta esto: