Crónica del sur de Lugo

Os máis novos, protagonistas do baloncesto en Sarria nas ligas Xogade

Foto de grupo dalgúns dos participantes na xornada deportiva do programa Xogade, organizada no Novo Chanto polo CB Sarria.
(Foto: CB Sarria).

• O sábado 9 de decembro, celebrouse no pavillón do Novo Chanto de Sarria a primeira xornada das ligas escolares de nivel comarcal, dentro do programa autonómico Xogade. O programa está promovido pola Federación Galega de Baloncesto e a Xunta de Galicia, e a organización do evento sarriao, nas categorías BabyBasket e Liga Xogade, estivo a cargo do CB Sarria.
A xornada deportiva contou coa participación dunha trintena de nenos e nenas dos colexios sarriaos Frei Luis de Granada, La Merced e La Asunción, e do CEIP Antonio Fernández López do Oural, así como deportistas das categorías base do CB Sarria.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio