Todo listo en Pantón para celebrar as festas de Nadal

•Actividades solidarias e espazos de creación conforman o programa festivo para estes días

O concurso de beléns forma parte do programa de actividades que organiza anualmente o Concello de Pantón por Nadal. Na imaxe de arquivo, o belén da Igrexa de San Fiz de Cangas. Arquivo EC
• O Concello de Pantón vén de programar unha axenda de eventos para o mes de Nadal, con actividades nas que a solidaridade e a creación son protagonistas.
II CONCERTO SOLIDARIO EN FERREIRA, A CARGO DA BANDA FOLK DE RIBAS DE SIL
O domingo 17 de decembro, a partir das 18 horas, o Salón de Actos do Centro Sociocultural de Ferreira acollerá o II Concerto Solidario, a cargo da Banda Folk de Ribas de Sil. A entrada ao concerto aboarase en especies, cun mínimo dun quilo de alimentos non perecedoiros por persoa asistente.
OBRADOIRO PARA NENOS E NENAS DE 3 A 12 ANOS, CON RESERVA DE PRAZA
Para os máis cativos, está pensado o tradicional obradoiro que o Concello organiza durante as vacacións escolares. Este servizo, orientado a nenos e nenas de 3 a 12 anos, ofrecerase os días 26, 27, 28 e 29 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro. Para participar no obradoiro, será preciso reservar praza con antelación. As inscricións deberán realizarse nas oficinas do Edificio Sociocultural de Ferreira, de luns a venres, en horario de 10 a 20 horas, ou tamén os sábados de 10 a 13 horas.
CONCURSO DE BELÉNS
Como vén sendo tradicional, o Concello de Pantón convoca un ano máis o Concurso de Beléns. Para participar nesta iniciativa, ben de xeito individual,  por grupos ou parroquias, é preciso anotarse nas oficinas do Edificio Sociocultural de Ferreira ao longo destes días.•
• PANTÓN TEN EN MARCHA A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA NADAL. Nesta actividade, tradicional xa dentro das iniciativas do Concello para estas datas, poden participar todas aquelas persoas que queiran contribuír a axudar ás familias máis necesitadas do municipio. Para iso, poderase depositar alimentos non perecedoiros ben nos propios establecementos de Ferreira, ou ben no Edificio de Servizos Sociais da capitalidade. O Concello agradece a todos os veciños a súa participación. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Oito das 30 casas-niño galegas están en Lugo

Seguinte Nova

O Neka culmina un ano de éxitos con 9 medallas no Campionato de España de taekwondo

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: