Crónica del sur de Lugo

Oito das 30 casas-niño galegas están en Lugo

•Visita institucional á casa-niño de Folgoso do Courel, que dá servizo a 8 familias

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou a casa-niño de Folgoso acompañada pola alcaldesa, Dolores Castro, a principios deste mes. GPXG

• A provincia de Lugo acolle oito das 30 casas-niño que están a funcionar en Galicia, para facilitar a conciliación familiar e laboral no entorno rural. Estas casas-niño contan co apoio da Xunta de Galicia, que destina nos orzamentos de 2018 unha partida de 1,4 millóns de euros para o mantemento destes centros, así como para financiar novos equipamentos. Estes cartos sirven para custear a reforma e adaptación do espazo, o equipamento necesario e a atención profesional.
Unha das oito casas-niño lucenses está situada no municipio de Folgoso do Courel. O centro, que leva funcionando dende febreiro, dá servizo a oito familias do concello courelés.
Segundo explicou a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, na súa visita ao centro, as casas-niño dan servizo gratuíto de atención personalizada a nenos e nenas de 0 a 3 anos no propio domicilio dun coidador ou coidadora acreditado profesionalmente. •

A Xunta investiu en 2 anos máis de 6 millóns nas escolas infantís

• A Xunta leva investido, nos dous últimos anos, máis de 6 millóns de euros en melloras nas escolas infantís. En concreto, destináronse 3,1 millóns en reformas e equipamentos de 120 centros da rede Galiña Azul. Ademais, investíronse 2,5 millóns en obras e adquisición de equipamento en 136 escolas infantís e puntos de atención á infancia de titularidade municipal. Por outra banda, o Executivo autonómico aportou 600.000 euros para financiar melloras en 36 escolas infantís privadas de iniciativa social.
Este foi o balance presentado polo titular do Goberno da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no penúltimo Consello celebrado en novembro. Feijóo salientou tamén que “hoxe en Galicia é máis sinxelo conciliar do que era en 2009”. O presidente salientou o aumento nun 80% no número de prazas en escolas infantís sostidas pola Xunta, ademais da aposta polas casas-niño no rural. Así mesmo, Feijóo enumerou outras medidas de apoio á familia, como as deducións fiscais a familias con fillos, o Bono Concilia ou o Bono Coidado.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

     
Ir a Inicio