Volta Ciclista ás comarcas de Lugo con parada en Monforte

A IV Volta Ciclista ás comarcas de Lugo disputarase entre os vindeiros días 3 e 5 de xuño, con unha das etapas de saída e chegada en Monforte de Lemos. Segundo explicou o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, o nivel da proba está garantido e consolidado nesta cuarta edición, grazas á participación de máis de 15 equipos Elite/sub-23. Pola súa parte, o Clube Ciclista Monforte, que ven de participar en numerosas competicións. Unha das últimas, a quinta proba pertencente ao Open Galego BTT 2011 na localidade coruñesa de Arteixo. Pero hai xa unhas semanas, o clube monfortino participou tamén no Open de España BTT en Avilés cos corredores Gonzalo González, Brais Martínez, Javi Busto, Javier Rodríguez e José A, López, e tamén no circuíto MiniBTT, así como en distintos percorridos polos arredores da cidade do Cabe.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Club Neka acude con esperanza á Fase Provincial de Deporte Escolar

Seguinte Nova

Todo listo para comezar o auditorio de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: