O Incio, Sober e O Saviñao, entre os concellos con novos investimentos provinciais

•A Deputación aprobou o arranxo de viais nestes municipios, xunto a obras noutros 8 concellos lucenses

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou novos investimentos en 11 concellos o 1 de decembro. GPDL

• O mes de decembro iniciouse con novos investimentos da Deputación de Lugo en 11 concellos, por un importe total de preto dun millón de euros. A Xunta de Goberno do organismo provincial, na sesión do día 1, deu luz verde a once actuacións de mellora no rural lucense, dando cumprimento á «aposta deste Goberno por unha Deputación rural, que defende a vida no rural e do rural, con feitos e investimentos», segundo precisou o deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo. Entre os municipios beneficiados desta quenda, están Sober, O Incio e O Saviñao. No concello soberino, a Deputación financiará con 11.999 euros o acondicionamento da vía entre a Cegoñeira e Mogueira. No Saviñao, a partida será de 11.900 euros para rehabilitar o firme de vías en Bexán. Por último, a inversión no Incio será de 18.800 euros, para acondicionar accesos en Vilasouto e fincas agrogandeiras no Son.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

20 proxectos empresariais tomaron forma na segunda edición do Coworking de Monforte

Seguinte Nova

Convenio entre Deputación e USC por 2 millóns para a Granxa Experimental do Campus Terra

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: