Crónica del sur de Lugo

O Incio, Sober e O Saviñao, entre os concellos con novos investimentos provinciais

•A Deputación aprobou o arranxo de viais nestes municipios, xunto a obras noutros 8 concellos lucenses

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou novos investimentos en 11 concellos o 1 de decembro. GPDL

• O mes de decembro iniciouse con novos investimentos da Deputación de Lugo en 11 concellos, por un importe total de preto dun millón de euros. A Xunta de Goberno do organismo provincial, na sesión do día 1, deu luz verde a once actuacións de mellora no rural lucense, dando cumprimento á “aposta deste Goberno por unha Deputación rural, que defende a vida no rural e do rural, con feitos e investimentos”, segundo precisou o deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo. Entre os municipios beneficiados desta quenda, están Sober, O Incio e O Saviñao. No concello soberino, a Deputación financiará con 11.999 euros o acondicionamento da vía entre a Cegoñeira e Mogueira. No Saviñao, a partida será de 11.900 euros para rehabilitar o firme de vías en Bexán. Por último, a inversión no Incio será de 18.800 euros, para acondicionar accesos en Vilasouto e fincas agrogandeiras no Son.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

     
Ir a Inicio