Crónica del sur de Lugo

20 proxectos empresariais tomaron forma na segunda edición do Coworking de Monforte

•Unha vintena de emprendedores culminaron o proceso de formación e asesoramento neste espazo que promove a Xunta coa Escola de Organización Industrial

Os participantes na segunda edición do Coworking de Monforte, co alcalde da cidade, José Tomé, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, na xornada final de presentación dos proxectos, o pasado 29 de novembro. GPXG

• O emprendemento rural celebrou un novo fito en Monforte, na sesión Demoday do espazo Coworking, o pasado 29 de novembro. Un total de 20 emprendedores presentaron cadanseus proxectos, nos que estiveron a traballar nos últimos meses dentro deste programa. O espazo Coworking é unha iniciativa que impulsa a Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que desenvolve en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI). O obxectivo é ofrecer formación e asesoramento aos emprendedores para que poidan poñer en marcha o seu plan de negocio.
A vintena de proxectos que se presentaron e desenvolveron no espazo Coworking de Monforte están vinculados a áreas tan diversas como o turismo, o comercio, o sector aeronáutico ou o agroalimentario, entre outros.
A sesión de clausura contou coa presenza do conselleiro de Economía, Francisco Conde, que cualificou o Coworking como unha “aposta polo emprendemento, polo rural e pola comarca de Lemos”. Pola súa banda, o alcalde de Monforte, José Tomé, lembrou a importancia da colaboración entre institucións para levar adiante estas iniciativas, xa que no Coworking participan a Xunta de Galicia, o Ministerio de Industria a través da EOI, a Unión Europea co Fondo Social Europeo, e o propio Concello, coa cesión das instalacións. Tomé destacou que o emprendemento “é o futuro do novo tecido empresarial”.•

A Xunta contratará a 13 persoas no sur de Lugo co programa Aprol Rural

• A mediados deste mes, a Consellería de Economía, Emprego e Industria resolveu as axudas do programa Aprol Rural, para concellos de menos de 10.000 habitantes. Nesta segunda edición, o programa destinará 150.000 euros para permitir a contratación no sur lucense de 13 persoas desempregadas. Os municipios beneficiados por este programa son Ribas de Sil, A Pobra de Brollón, Carballedo, Pantón, Taboada, Quiroga e Chantada.
Segundo explicou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, nesta edición o programa aumenta de 6 a 9 meses o tempo de contratación. Ademais, a Xunta asume o 100% dos custos laborais, cando na anterior convocatoria financiaba o 80%. O programa busca impulsar as oportunidades laborais no rural e nos concellos con menos poboación.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio