Crónica del sur de Lugo

Máis rúas con luces de Nadal en Monforte

Acendido das luces de Nadal en Monforte, o 5 de decembro, xunto á árbore decorativa instalada na Praza de España.GPCM
• O alumeado de Nadal en Monforte aumenta este ano a súa presenza nas rúas, ata chegar a todos os barrios da cidade.
ALUMEADO EN 53 RÚAS DE MONFORTE
Segundo explicou o alcalde, José Tomé, a comezos deste mes, son 53 as rúas que este Nadal contarán con iluminación decorativa, dúas máis que o ano pasado. Por primeira vez, as rúas do Malvarón e A Pinguela disporán deste servizo. Así mesmo, aumentouse o número de arcos luminosos no conxunto da cidade.
LETREIROS DE NADAL NAS ENTRADAS Á CIDADE
As sete entradas de Monforte contan cun letreiro coa lenda “Bo Nadal”, e está instalado na Praza de España a tradicional árbore iluminada. As demais prazas de Carude, Os Chaos, a Estación e Campo de San Antonio tamén dispoñen de luces navideñas. A decoración exténdese tamén aos emblemas da cidade, como a Torre da Homenaxe e a Casa Consistorial.
17.000 EUROS
O alcalde lembrou que “o equipo de Goberno está a cumprir co compromiso de que o alumeado navideño estea presente en todos os barrios”. Tomé salientou a utilidade do alumeado “para o comercio e para o conxunto da economía, porque nos beneficia a todos”. O Concello destina 17.000 euros para o alumeado de Nadal.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

     
Ir a Inicio