Crónica del sur de Lugo

112 operarios e 64 máquinas darán servizo no Plan Invernal da Deputación

O vicepresidente da Deputación e responsable de Vías e Obras, Manuel Martínez, na presentación do Plan Invernal do organismo provincial, na Fonsagrada o 12 de decembro. GPDL

• A Deputación de Lugo vén de presentar o Plan Invernal, co que atenderá as incidencias que poidan darse nos 4.200 quilómetros da rede de estradas provincial, a máis extensa de España.
Segundo precisou o vicepresidente da Deputación e responsable de Vías e Obras, Manuel Martínez, este dispositivo está composto por 112 operarios e un equipamento técnico de 64 máquinas, ao que se suma un volume de sal superior ás 420 toneladas, distribuídas nos 12 saleiros a carón da rede viaria. Martínez salientou que o Plan Invernal atendeu 426 incidencias na pasada edición, 174 menos que o ano anterior.
A cobertura do Plan Invernal distribúese en oito zonas, cada unha das cales disporá dun equipo de 14 operarios e 8 unidades mecánicas, que inclúen dous quitaneves con cuña, dous tractores adaptados con saleiro e cuña, dúas pick-up tamén adaptadas cos dous complementos, e dous vehículos de apoio con medios mecánicos. Ademais, as oito empresas adxudicatarias, unha por cada zona, deberán dispoñer do dobre de medios, por se fose preciso empregalos.•

• A DEPUTACIÓN REXISTROU 44 INCIDENCIAS POLO TEMPORAL. Dende o organismo provincial informaron de que a totalidade das alertas foron resoltas. Principalmente, as emerxencias consistiron en caída de árbores, inundacións ou acumulacións de neve de escaso volume. Así mesmo, foi necesario reforzar os traballos na rede viaria de Cervantes, debido ao arrastre de terras e cinzas polas intensas choivas.

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio