Sober ofrece unha ampla axenda de eventos para o Nadal

Adornos tradicionais do Nadal elaborados nun dos obradoiros infantís que organiza cada ano a Biblioteca de Sober. GPCS
• As actividades que o Concello de Sober ofrece para o Nadal comezan con viño e cultura. O 15 de decembro, o Centro Sociocultural acolle ás 12 a presentación de dous viños espumosos feitos en Sober, e pola tarde, ás seis, a sesión participativa sobre os nomes de lugar no municipio, dentro do programa Toponimízate da Xunta de Galicia.
CONCERTO SOLIDARIO DE NADAL
O día 17 ás seis terá lugar o Concerto Solidario de Nadal, a cargo da Escola de Música de Sober. O evento, que se celebrará no Centro Sociocultural, participarán o Coro Infantil, a Banda Xuvenil, o Coro Berea, a Banda de Música de Sober, e os escolares do Colexio e do Punto de Atención á Infancia (PAI). Os asistentes poderán aportar un quilo de alimentos non perecedeiros por persoa.
Para dar comezo ás vacacións, o día 21 os escolares do colexio e do PAI celebrarán o remate do trimestre cunha festa.
MERENDAS CON CONTOS NO NADAL
Tamén para os máis cativos, as Merendas con Contos ofrecerán na Biblioteca Municipal un Nadal de Cine o martes 26 ás cinco e media. O 3 de xaneiro voltarán cunha sesión de música a cargo do grupo O Trícole, nunha sesión na que haberá chocolate con churros, e se entregarán os premios dos certames de Nadal.
Os máis cativos disfrutarán da maxia do Mago Deimi o 27 ás seis, e o 28 celebrarase a Festa Infantil de Nadal con inchables, música e obradoiros a partir das catro e media.
As festas rematarán cos Reis Magos, que saudarán aos nenos do PAI o día 5 de xaneiro ás doce.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En prazo para deseñar o cartel que anunciará a XXXVIII Feira do Viño de Amandi

Seguinte Nova

112 operarios e 64 máquinas darán servizo no Plan Invernal da Deputación

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: