Crónica del sur de Lugo

En prazo para deseñar o cartel que anunciará a XXXVIII Feira do Viño de Amandi

•O Concello de Sober ten aberto ata o 31 de xaneiro o periodo de presentación de traballos ao Concurso de Deseño Gráfico desta peza promocional •Hai un único premio de 600 euros

Imaxe de arquivo do cartel gañador da pasada edición do Concurso de Deseño Gráfico da Feira do Viño de Amandi, que convoca o Concello de Sober. GPCS
• O Concello de Sober xa está a dar os primeiros pasos na preparación da Feira do Viño de Amandi, unha das citas festivas máis emblemáticas do municipio. A Feira, que o vindeiro ano acadará a edición número trinta e oito, celebrarase o 24 e 25 de marzo. O Consistorio vén de abrir o prazo de recepción de orixinais para o Concurso de Deseño Gráfico de Carteis, do que sairá a imaxe promocional deste evento enolóxico, decano na provincia.
O ESPÍRITU DA FEIRA, E A RIQUEZA ENOLÓXICA E CULTURAL DE SOBER
As persoas interesadas en participar poderán enviar os seus deseños ata o 31 de xaneiro ás 14,00 horas. As creacións deberán reflectir o espíritu da Feira do Viño de Amandi, segundo precisan as bases da convocatoria, con especial atención ao sector vitivinícola e ao patrimonio cultural soberino.
DETALLES DA PARTICIPACIÓN
As bases exclúen da participación a aqueles autores que teñan recibido este premio alomenos en dúas ocasións, co fin de dar opcións a novos creadores.
Os deseños presentaranse en formato A3 e soporte ríxido, con técnica libre. Só se poderá concursar cun único traballo. Serán elementos obrigatorios a lenda “XXXVIII Feira do Viño de Amandi. Festa de Interese Turístico. Sober”, así como a referencia á páxina web do Concello, as datas da celebración, e os logotipos oficiais do Consistorio e das redes sociais.
Os traballos concursantes remitiranse á Casa do Concello de Sober, acompañados de plica con lema, para garantir o anonimato na valoración.
O xurado emitirá o seu fallo 10 días despois de rematar o prazo de entrega.  O gañador recibirá un premio de 600 euros.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio