Crónica del sur de Lugo

Aumenta o número de usuarios da Teleasistencia gratuíta da Deputación

•Hai 411 usuarios máis, que suman un total de 1.279 maiores •O servizo dispón aínda de 276 prazas libres

A deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, visitou a unha veciña de O Saviñao, usuaria da Teleasistencia gratuíta, para comprobar o funcionamento deste servizo. GPDL

• A deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, fixo balance do servizo de Teleasistencia que a Deputación de Lugo ofrece gratuitamente aos maiores dependentes e non dependentes. Segundo os datos aportados pola responsable provincial, este servizo chega a 411 usuarios máis que o ano pasado, ata sumar  1.279 beneficiarios. Ademais, López Izquierdo lembrou que aínda están dispoñibles outras 276 prazas, xa que a Teleasistencia conta cun total de 1.555, financiadas pola Deputación con 300.000 euros.
Xunto a este aumento no número de usuarios, López Izquierdo fixo referencia á renovación da Teleasistencia, para acadar un servizo “máis social e profesional”. Tanto o aumento das prazas como a mellora no servizo baseouse, segundo a deputada, nas necesidades que plantea unha provincia como Lugo, “claramente envellecida e cun déficit de servizos sociais por parte da Xunta”. López Izquierdo criticou que a Xunta, administración coas competencias nesta materia, obriga ao copago do seu servizo de Teleasistencia, que só está dispoñible para persoas catalogadas como dependentes. Dos 1.279 usuarios, o 81% son mulleres, e o 19% homes.

Por comarcas, a de Sarria conta cun total de 100 usuarios da Teleasistencia gratuíta, coa seguinte distribución por concellos: sete no Incio, seis en Láncara, doce en Paradela, un no Páramo, dous en Samos, 71 en Sarria, e un en Triacastela.

Nas comarcas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga, os maiores beneficiados por este servizo da Deputación suman 284. Por municipios, Bóveda ten 11 usuarios, Monforte 79, Pantón 20, A Pobra do Brollón 9, O Saviñao 29, e Sober 22. Na comarca quiroguesa, rexístranse 27 usuario deste servizo en Quiroga, e 22 en Ribas de Sil. Na comarca chantadina, o reparto é de 13 usuarios da Teleasistencia provincial en Carballedo, 40 en Chantada e 12 en Taboada. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio