Novos investimentos provinciais no sur de Lugo

•A Deputación vén de aprobar melloras en  dotacións de Monforte e Quiroga

O portavoz do Goberno provincial, Álvaro Santos, na rolda de prensa na que deu conta dos novos investimentos, o 11 de decembro. GPDL

• A Deputación de Lugo vén de aprobar investimentos en dotacións rurais de 8 concellos, por un importe total de 163.000 euros. En concreto, para o sur de Lugo serán dúas as partidas desta quenda, aprobadas na Xunta de Goberno do organismo provincial o 11 de decembro.
Por unha banda, destínanse 11.939 euros para a mellora de camiños en Aradelas, no municipio de Monforte de Lemos. Ademais, a Deputación financiará con 10.460 euros o acondicionamento do local social de Campos de Vila, Revide e A Toca, no concello de Quiroga.
O voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos, explicou que estes investimentos “reivindican, dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural, a igualdade de oportunidades vivas onde vivas”. Os restantes investimentos desta partida irán destinados a arranxos en estradas e accesos en Cervantes, Monterroso, Riotorto, Fonsagrada e A Pastoriza.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Ruta Gastronómica do Camiño Francés continúa ata xaneiro

Seguinte Nova

Aumenta o número de usuarios da Teleasistencia gratuíta da Deputación

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: