O Club Neka acude con esperanza á Fase Provincial de Deporte Escolar

Exhibición e combate serán as modalidades nas que participará o taekwondo monfortino

Alumnos que participarán na Fase Provincial de Deporte Escolar en Rábade. (Club Neka)

Redacción – Monforte

O 4 de xuño 26 rapaces do club Neka de taekwondo participarán por vez primeira na Fase Provincial de Deporte Escolar nas modalidades de exhibición e combate. O encontro celebrarase en Rábade en horario de mañá e serán 17 os deportistas do destacado ximnasio monfortino os que participen na exhibición, outros 9 farano a través do combate.

A representación máis fresca desta arte marcial na comarca conta con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos e supón aproximadamente a metade do alumnado das 130 licencias vinculadas actualmente ao club Neka. Tal e como explica o responsable do ximnasio e monitor destes deportistas, Jose María Vega, “o taekwondo é esencialmente unha arte marcial de defensa persoal que esixe e fomenta a disciplina e o auto control, á par que dota a quen o practica de seguridade e confianza en si mesmo”. Sen embargo, a aprendizaxe nas primeiras idades oriéntase fundamentalmente a través do xogo, a mellor forma de ensinar as diversas técnicas aos deportistas máis pequenos. Por outra banda, o “saber estar” e a mellora da elasticidade nos deportistas infantís son a base do traballo dos inicios para un desenvolvemento positivo posterior nesta arte.

Paralelamente é moi importante que os pais se involucren na formación deportiva no caso dos rapaces máis novos, sobre todo, segundo salienta Jose María Vega, “ para que os nenos incorporen o deporte á súa vida cotiá nas primeiras idades, para que non o vexan como algo extra, e isto só se consegue dende moi pequenos”. A pesar disto, e en contra da lenda urbana, para empezar e acadar éxito no taekwondo non é imprescindible facelo dende neno, tal e como terían demostrado numerosos deportistas monfortinos que acadaron reseñables éxitos nesta disciplina.

Vega destaca a alta participación dos taekwondistas do ximnasio Neka en numerosos campionatos co fin de crecer en experiencias; trátase da primeira vez que se acude a este tipo de exhibición, non así no caso do combate, no que o responsable do club destaca a esperanza coa que participan na cita de Deporte Escolar e a experiencia coa que contan nesta modalidade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Lemos, pendente da salvación

Seguinte Nova

Volta Ciclista ás comarcas de Lugo con parada en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: