Actividades para disfrutar do Nadal en Quiroga

A ampla axenda de eventos do Nadal en Quiroga conta con actividades para todos os públicos. (Foto: www.pixabay.com)

• A axenda lúdica que o Concello de Quiroga ten deseñada para o Nadal continúa o venres 15 de decembro, co Bingo de Nadal no Centro Social, que tamén organiza o día 19 o tradicional convite de Nadal para os socios.
Así mesmo, os máis cativos poderán pedir agasallos a través das novas tecnoloxías, xa que o día 20 terá lugar unha videoconferencia con Papá Noel no Telecentro para os escolares do CEIP Quiroga.
EVENTOS PARA TODOS
A música ocupará a xornada do venres 22, co Festival de Nadal no Auditorio Municipal. Nesta cita, participarán a Banda de Gaitas e o Grupo de Danza San Martiño de Quiroga, e a Coral Polifónica de Quiroga. Ademais, actuarán os alumnos e alumnas de guitarra e piano. No mesmo acto, terá lugar a entrega dos premios dos concursos de postais e de poesía de Nadal, así como do XIII Certame de Relato Curto.
Para a mocidade, está pensada a serie de Campionatos nos Pubs, que se desenvolverán do 22 ao 29 de decembro. O público máis novo disfrutará, o sábado 23 ás sete e media da tarde, da sesión de teatro musical “A bailar no Nadal”, a cargo da compañía Animar-T. Ademais, a programación completarase cun obradoiro de debuxo e comic, os días 26 e 27 de decembro.
O deporte conta co seu espazo nestas datas tan especiais. Do 26 ao 30 disputarase o Torneo de Fútbol Sala masculino, e o día 31, Quiroga despedirá o ano co IV Carreira Marcha Solidaria San Silvestre.
O mes de xaneiro ofrecerá varias actividades para os últimos días das festas navideñas. O pavillón municipal acollerá, o día 2 pola tarde, unha Festa Infantil con inchables. A actividade, totalmente gratuíta, terá lugar de catro a oito.
O día 4 a partir das sete e media da tarde, celebrarase o Concerto solidario de canto e piano, a cargo de Josep Ramos Lara, no Auditorio Municipal.
Na tarde do 5 de xaneiro, a Cabalgata de Reis porá o broche de ouro ao programa de Nadal de Quiroga.•

ATA O 20 DE DECEMBRO PARA PRESENTAR TRABALLOS AO CONCURSO INFANTIL DE POSTAIS DE NADAL. O tradicional concurso organizado polo Concello de Quiroga vai destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos. As postais, que deberán tratar sobre o Nadal, terán un tamaño A5, equivalente a medio folio. Os traballos competirán en cinco categorías por banda de idade. As postais deberán enviarse á Casa da Cultura xunto a un sobre pechado no que figurarán os datos do autor. O prazo remata o mércores 20 de decembro. Os gañadores optarán a premios sorpresa, que se entregarán o venres da mesma semana. •

OBRADOIRO DE COCIÑA INFANTIL EN QUIROGA. As instalacións do Albergue Municipal acollen, o sábado 16 de decembro, o Obradoiro de Cociña Minichef Quiroga, centrado nos doces de Nadal. A actividade, en horario de catro a sete da tarde, vai destinada a nenos e nenas de 7 a 14 anos. O obradoiro está organizado polo Concello de Quiroga, en colaboración co Albergue de Quiroga e a Escuela Infantil de Cociña Minichef.•

• NOVA EDICIÓN DOS CANTOS DE TABERNA DE QUIROGA EN REIS. As convocatorias lúdicas en Quiroga culminan o 6 de xaneiro, día de Reis, coa celebración dunha nova quenda dos Cantos de Taberna. As persoas interesadas en participar deberán anotarse na Casa da Cultura ou chamar ao teléfono 982 43 51 25, ata o 3 de xaneiro.
Para os participantes de fóra de Quiroga, hai a opción de aloxarse no Albergue por só 5 euros. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O proxecto Xeoparque Montañas do Courel inicia a conta atrás para o seu recoñecemento pola UNESCO

Seguinte Nova

O Consorcio divulga entre escolares e veciñanza a recuperación dos esgrafiados

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: