Reflexión plástica en Sarria dende a perspectiva de xénero

A deputada de Cultura, Pilar García, coa alcaldesa de Sarria, Pilar López, na inauguración da mostra coa coordinadora da exposición, Encarna Lago, o 9 de novembro. GPDL
• Ata o 9 de xaneiro está aberta na Antiga Prisión de Sarria a mostra «Nós + outrxs en rede», que promove a Deputación de Lugo por diversas vilas da provincia. Esta exposición colectiva, que inclúe os proxectos individuais de 26 artistas lucenses, trata de afondar na perspectiva de xénero.
IGUALDADE, DINAMIZACIÓN SOCIAL E PROMOCIÓN DA CULTURA
A inauguración tivo lugar o pasado día 9, coa presenza da coordinadora da mostra, Encarna Lago, e a deputada de Cultura, Pilar García Porto. A responsable provincial explicou que a Deputación organiza ao longo do ano diversas actividades culturais «que promoven e defenden a igualdade, ao mesmo tempo que dinamizamos a vida nas vilas». Esta programación permite ademais, segundo sinalou García Porto, difundir o traballo dos artistas e creadores da provincia.
A exposición inclúe máis de 140 obras, nas que os creadores ofrecen a súa particular reflexión sobre as problemáticas de xénero. Dende a organización precisaron que o proxecto permite dar cumprimento á Lei de Igualdade, xa que a exposición inclúe as catro premisas de clase, etnia, xénero e discapacidade.
Na mostra participan Carmen Porteiro, Cristina Basanta e Lucía Vila, Reme Remedios, Crystilandia, Laura Varela, Elvira Fente, Julio Leira, Paula Cabaleiro, Kristopher (Kris) Dios Barreiro, Violeta Bernardo, Mery Pais, Vita Martínez, Eva Díez, Anas Costas, Paula Noya, Mónica Mura, Luz Darriba, Roberto González, Alberto Gamoneda, Canela Cafuné, Xose Reigosa, Gema López, Jesús Otero-Yglesias, Mauro Leivas, Nieves Gayoso e David Pallaes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A recuperación do Castro de Arxeriz, premio Fundación Juana de Vega de Valores Paisaxísticos

Seguinte Nova

A cooperativa Lemos acolleu unha xornada de empoderamento feminino

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: