A recuperación do Castro de Arxeriz, premio Fundación Juana de Vega de Valores Paisaxísticos

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, entrega o premio ao director do Ecomuseo de Arxeriz, José Antonio Quiroga, o pasado 16 de novembro. GPXG
• A recuperación do Castro de Arxeriz, no municipio do Saviñao, recibiu o Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe, galardón que concede a Fundación Juana de Vega. O premio foi entregado pola conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, ao director do Ecomuseo de Arxeriz, José Antonio Quiroga, nun evento celebrado na Coruña o pasado 16 de novembro.
RECUPERACIÓN E SUSTENTABILIDADE
O premio foi concedido na modalidade de intervencións privadas no patrimonio construído e no seu entorno. A titular de Medio Ambiente gabou os méritos do proxecto premiado, porque non só se recuperou unha antiga construción, senón que tamén se puxo en valor a arquitectura tradicional e a súa contorna.
Mato destacou que o proxecto de Arxeriz engade “un valor de futuro” ao acoller un proxecto didáctico, o Ecomuseo, “no que a arquitectura se funde co coidado da paisaxe”, rexenerada con especies vexetais autóctonas.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*