O Lemos, pendente da salvación

O Clube Lemos atópase a pasar por unha situación complicada. Se ben é certo que estaba obrigado a gañar o último partido (e así o fixo), para acadar a salvación e non descender de categoría, ainda está pendente dos resultados finais dos ascensos da Terceira División. Tal e como explicou o seu presidente, Antonio Feijoo “o balance da temporada, en canto ao aspecto económico está ben, pero a nivel deportivo neste momento acabou a liga, gañamos o último partido e agora só nos queda confiar en que se resolvan os ascensos pendentes e que esa situación nos acabe beneficiando”. En canto aos ánimos dos xogadores, Feijoo sinalou que o equipo está nunha tensa espera ata saber o que pasa, “e de igual xeito, esparanzados coa idea de que se acade a salvación”. “Sería un triunfo importante e xa non só para o Lemos, senon tamén para Monforte, porque bueno, se hoxe o Lemos se salva pois tamen evitamos o descenso do Calasancio”.

Pensando no futuro

Pero a pesar da situación que está a atravesar o equipo, dende o clube xa pensan tamén nas perspectivas de futuro. Deste xeito, Feijoo sinalou que “o que está clarísimo é que o Lemos agora non pode esperar un mes para saber que pasa cos resultados, senon que hai que traballar, facendo un equipo forte independentemente da categoría na que esté; é dicir, que o proxecto non vai cambiar, se estamos en preferente trataremos de facer o equipo o máis competitivo posible, e se estamos en autonómica, igual, ter un equipo forte para intentar subir, para intentar ascender de categoría outra vez”, engadiu. En canto a novos fichaxes, o presidente do Lemos adiantou que a semana pasada xa estiveron a traballar neste tema con distintas reunións coa dirección deportiva e tamén co adestrador. Precisamente o adestrador Julio Corral, merece gran parte do recoñecemento e mérito, xa que chegou ao clube cando o equipo se atopaba en postos de descenso directo, ata deixalo na actualidade sexto por abaixo. O adestrador de Sober cumpriu así co obxectivo de salvar ao Lemos do descenso, ainda que agora a permanencia na Preferente Autonómica depende outros ascensos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A retribución dos bombeiros interinos será costeada pola Deputación ata a integración no Consorcio

Seguinte Nova

O Club Neka acude con esperanza á Fase Provincial de Deporte Escolar

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: