Premios Exceleite para dúas produtoras lácteas do sur de Lugo

•Méndez S.C. recibiu o segundo premio na modalidade de explotación pequeno-extensiva, e Concepción Fernández Moure acadou o primeiro premio en pequeno-intensivo

A entrega dos Premios Exceleite tivo lugar o 10 de novembro na Baña. GPXG
• A aposta pola calidade do leite galego está a materializarse nos Premios Exceleite, promovidos pola Consellería de Medio Rural e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite. Os galardóns, entregados na Baña o pasado 10 de novembro, premiaron ás 20 mellores explotacións leiteiras de Galicia no ámbito hixiénico-sanitario. Esta iniciativa recoñeceu a labor de dúas explotacións do sur de Lugo. O primeiro premio na categoría pequeno-intensivo correspondeu á granxa Concepción Fernández Moure, de Chantada. Na modalidade pequeno-extensiva, a monfortina Méndez S.C. acadou o segundo premio.
RECOÑECEMENTO AOS GANDEIROS POLO SEU «BO FACER NA PROCURA DA EXCELENCIA» DO LEITE
Segundo explicou a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, na súa intervención, estes premios «son un recoñecemento ao bo facer dos nosos gandeiros», dos que gabou o seu esforzo «ao erguerse todos os días coa firme convicción da procura da excelencia na produción do seu leite». Vázquez puxo a estes gandeiros como «exemplo a seguir», para comprobar que «dende o noso agro podemos xerar produtos non só de calidade, senón tamén dunhas características organolépticas inigualables».
Dende Medio Rural explicaron que, das 5.000 granxas leiteiras de Galicia, seleccionáronse con criterios técnicos as 50 finalistas, das que saíron as 20 premiadas.
A conselleira salientou que Galicia é líder no sector lácteo, con preto do 40% da produción nacional. O 56% dos gandeiros de España están na nosa Comunidade, e xeran un volume de negocio anual de preto de 1.000 millóns de euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

111 nadadores lucenses participaron nos Xogos Autonómicos de Natación Special Olympics

Seguinte Nova

En marcha o programa provincial de obradoiros do Centro de Artesanía e Deseño

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: