111 nadadores lucenses participaron nos Xogos Autonómicos de Natación Special Olympics

Diversas autoridades estiveron na inauguración en Lugo dos XXI Xogos Autonómicos de Natación Special Olympics, o 11 de novembro. GPDL.

• Importante participación  da provincia de Lugo nos XXI Xogos Autonómicos de Natación Special Olympics, que tiveron á cidade da Muralla como anfitriona o pasado 11 de novembro. Un total de 400 nadadores de toda Galicia, dos que 111 eran lucenses, déronse cita nas piscinas municipais das Pedreiras para participar nesta proba.
O evento contou coa colaboración da Deputación de Lugo. A deputada de Promoción Económica, Sonsoles López, destacou a importancia da labor de Special Olympics “por organizar estes xogos cos que botar abaixo barreiras, obstáculos físicos e prexuízos”.
A responsable provincial salientou que os Xogos buscan fortalecer a autorrealización e o esforzo, así como o espíritu de superación, das persoas con discapacidade intelectual.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*