Crónica del sur de Lugo

O Neka logra un botín de 18 medallas na Copa Xunta de Galicia de Taekwondo

•Este resultado dá forzas aos monfortinos para preparar a gran cita do Campionato de España de Clubes, que terá lugar do 7 ao 10 de decembro

Á esquerda no podio, Laura Álvarez, do Neka, logo de acadar a medalla de prata na Copa Xunta de Galicia. (Foto cedida).
No centro da imaxe, José Manuel Ojea, do Neka, foi ouro na proba autonómica disputada en Teo o día 18. (Foto cedida).

 

• Os deportistas do ximnasio Neka de Monforte afrontan o remate do ano con importantes triunfos e retos decisivos. A menos de un mes para o Campionato de España de Clubes, os de Monforte veñen de reforzar a súa liña de traballo coa consecución de 18 medallas na Copa Xunta de Galicia de Taekwondo, disputada en Teo o pasado 18 de novembro. Este resultado, cualificado de “auténtico botín” polo adestrador José Mª Vega, impulsa aos de Neka de cara a afrontar con enerxía os últimos desafíos do ano.
Outro dos ouros que sumou o ximnasio Neka foi o conseguido por Alexia López Martínez. (Foto cedida).
Á esquerda no podio, o deportista do Neka Nicolás Lage, coa medalla de prata conseguida na proba autonómica. (Foto cedida).
TRES OUROS E SEIS PRATAS NA PROBA AUTONÓMICA
Os ouros deste recente medalleiro foron conseguidos por Alexia López, José Manuel Ojea, e David Poyán. As medallas de prata corresponderon a Daniel Rodríguez, Nicolás Lage, Elena Varela, Laura Álvarez, Álex Camba e Aitor Teijeiro.
Álex Camba acadou a prata e Carlos Rey o bronce na súa categoría da Copa Xunta de Taekwondo. (Foto cedida).
NOVE BRONCES GALEGOS PARA OS DEPORTISTAS DO NEKA
Os podios para os de Neka completáronse cos logros en bronce de Marco García, Iria de la Fuente, Manuel López, Enrique Álvarez, Gael Trujillo, Ana Costa, Carlos Rey, Anxo Díaz e Lúa Abeledo.
A vizosa colleita de metais puido ser maior para o Neka, xa que rozaron medalla José Roca, Daniel Areán, Raúl Vázquez e Noa da Rocha, cun quinto posto en cadansúa categoría, a un paso do podio final.
A vindeira fin de semana, os deportistas de Neka participarán no Torneo Internacional Vila de Moaña, cun amplo plantel en técnica, combate e freestyle.  A proba de Moaña será a antesala do Campionato de España de Clubes, que se celebrará en Oropesa de Mar na ponte da Constitución.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio