As xogadoras do infantil B e xuvenil do Korbis debutaron con vitorias

O equipo infantil B feminino realizou unha exitosa estrea de temporada. (Foto cedida).
• Dous equipos do Korbis Gonzalo Seguros de voleibol veñen de asinar un ilusionante comezo de tempada. As xogadoras do infantil B e do xuvenil iniciaron a andaina nesta competición con cadansúa vitoria.
TRIUNFO «CLAVE» PARA SEGUIR CON GANAS
Segundo explicou Eva Rodríguez, adestradora do segundo equipo de infantil, as monfortinas non tiveron problemas para desfacerse do seu rival, o Voleibol Lugo, ao que derrotaron por un cómodo 3-0. Rodríguez precisou que a boa marcha do partido, no que conseguiron «un punto clave para seguir con ganas»,  fixo posible que todas as deportistas dispuxeran de minutos de xogo. A adestradora valorou especialmente «o interese» que puxeron as xogadoras no banco e na cancha, amosando un «bo ambiente e compañeirismo».
APOSTA EN XUVENIL
Tamén gañaron con comodidade as xogadoras do Korbis xuvenil no arranque ligueiro, como explicou o seu adestrador, Roberto Castro. As integrantes deste equipo que compite en terceira división volven ao xogo «tras un descanso nas vidas deportivas de moitas delas». Castro destacou que esta vitoria ante o Emevé supón «o inicio dunha etapa en xuvenil» no Korbis, e que servirá para «ir abrindo portas para as vindeiras xeracións».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

18 asociacións do sur contarán con actividades físico-deportivas no programa Movémonos

Seguinte Nova

O Neka logra un botín de 18 medallas na Copa Xunta de Galicia de Taekwondo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: