Crónica del sur de Lugo

Concienciación en Monforte para unha mellor reciclaxe dos aparellos eléctricos

•A campaña “O que se enchufa, recíclase”  informou á cidadanía sobre onde depositar este tipo de obxectos cando xa non se utilizan

O delegado da Xunta en Lugo visitou o punto informativo da campaña de reciclaxe, que estivo na Praza de España de Monforte do 10 ao 15 de novembro. GPDTL
• Do 10 ao 15 de novembro, Monforte acolleu o punto informativo itinerante da campaña “O que se enchufa, recíclase”, posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente. O stand, instalado na Praza de España, ofreceu información á cidadanía sobre as vantaxes de reciclar correctamente este tipo de materiais, e onde se poden depositar.
19 PUNTOS DE RECOLLIDA NO SUR DE LUGO
Segundo a web da campaña, Monforte conta con 6 establecementos adheridos, que actúan como puntos de recollida de aparellos eléctricos. A comarca de Lemos conta con outro punto de recollida en Escairón.
Pola súa banda, en Chantada participan na campaña de recollida tres establecementos, e un en Carballedo. Así mesmo, Quiroga dispón dun punto de recollida na capitalidade municipal.
Por último, a vila de Sarria suma media ducia de establecementos con servizo de recollida de lixo eléctrico, e Láncara dispón dun punto destas características.
Toda a información pode completarse no enlace web http://www.oqueseenchufareciclase.gal/gl/onde-reciclar.
A campaña vai visitar un total de 31 concellos lucenses nos vindeiros meses.
Segundo explicou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, no inicio da campaña en Monforte, é preciso “superar o caduco sistema de usar e tirar”, e apostar pola reciclaxe, tamén neste tipo de aparellos. Esta actitude sempre será “máis responsable, ecolóxica e eficiente, e nos reportará máis beneficios económicos e medioambientais”, suliñou. A Consellería financia con 700.000 euros a campaña en 138 concellos.
CADA GALEGO RECICLOU 5 QUILOS DE MEDIA EN 2016
O ano pasado, recolléronse en Galicia máis de 14.000 toneladas de residuos de aparellos eléctricos ou electrónicos, que dá unha media de 5 quilos por persoa. Dende Medio Ambiente consideran “notable” o aumento nesta reciclaxe respecto a 2015, cando se recolleron 10.600 toneladas.•

 

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

     
Ir a Inicio