A Xunta elimina 11 vertedoiros incontrolados en Monforte

A acción da Xunta eliminará un total de 11 verquidos incontrolados, como o da imaxe, situado nas Lamas. GPDTL
Un dos puntos detectados no municipio de Monforte está en Ribasaltas. GPDTL

• A mediados deste mes, a Consellería de Medio Ambiente iniciou en Monforte os traballos de eliminación de 11 puntos de verquido incontrolado. Estes vertedoiros localizáronse en As Lamas, Canal Seoane, Barrioncas, Ribas Altas, Valverde, Escouredo, Calle Escultor Francisco Moure, e As Fontes. Segundo explicaron dende a Delegación Territorial da Xunta en Lugo, estes focos de lixo presentaban obxectos de uso no fogar, como pequenos electrodomésticos, mobles ou roupa, así como materiais de obra, plásticos, pneumáticos ou vidro. Dende Medio Ambiente alertaron do risco que supoñen estes depósitos incontrolados, tanto para o ecosistema natural como para a estética da contorna.
As accións emprendidas pola Consellería incluíron a recollida, clasificación e retirada do lixo, e completáronse cunha revexetación da zona con terra vexetal e hidrosementeira. Para todo isto, a Xunta destinou preto de 50.000 euros.
Os traballos realizados en Monforte forman parte dunha estratexia global continuada, segundo explicaron dende a Delegación Territorial, para a correcta xestión dos residuos sólidos urbanos. A Xunta está a financiar con 400.000 euros accións para selar máis de 65 verquidos incontrolados na nosa Comunidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis dun milleiro de asistentes en Lugo ás XV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite organizadas por Seragro

Seguinte Nova

Concienciación en Monforte para unha mellor reciclaxe dos aparellos eléctricos

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: