Chantada terá un tractor para a roza financiado pola Xunta

•No sur de Lugo, a medida beneficiará tamén a Carballedo, O Incio e O Saviñao

A conselleira de Medio Rural achegouse a Carballedo para coñecer as características do vehículo adquirido polo Concello para a roza. GPXG
• A Consellería de Medio Rural vén de suscribir un convenio para dotar a 35 concellos galegos de cadanseu tractor de roza. O departamento autonómico destina 3,1 millóns de euros a este convenio, que no sur de Lugo beneficiará aos municipios de Chantada, Carballedo, O Incio e O Saviñao. No resto da provincia, tamén contarán con este vehículo os concellos de Alfoz, Antas de Ulla, Castroverde, Cospeito, Monterroso, A Pastoriza, Ribadeo, Trabada e Xermade.
PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS
O convenio de Medio Rural establece unha achega de 90.000 euros para cada municipio, co que custear o importe sen ive deste vehículo. Dende a Consellería salientaron que esta medida pretende colaborar cos concellos nas súas labores de prevención de incendios.
O departamento que dirixe Ángeles Vázquez aplicou criterios obxectivos para a selección dos beneficiarios. Os baremos tiveron en conta a poboación e o número de núcleos, así como o uso común desta maquinaria por máis dun concello. Así mesmo, excluíronse os municipios que  recibiron motobombas novas da Consellería nos últimos 5 anos, e os que percibiron máis de 90.000 euros neste exercicio a través do Fondo de Compensación Ambiental.
Ademais, os beneficiarios debían ter suscrito o convenio coa Xunta para a prevención de lumes, ter algunha parroquia de alta actividade incendiaria, ou contar con predios recoñecidos na Lei de Mellora Territorial Agraria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero: o sur de Lugo di non ao maltrato

Seguinte Nova

Máis dun milleiro de asistentes en Lugo ás XV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite organizadas por Seragro

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: