Crónica del sur de Lugo

Agader premiou a unha casa rural do Courel por dinamizar a zona cunha oferta de calidade

Entrega dos Premios Agader en Santiago, o 15 de novembro. GPCMR

• A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) vén de entregar, a mediados deste mes, os premios que recoñecen, modernizan e poñen en valor o medio rural. Dos cinco galardóns, Agader concedeu o cuarto premio á iniciativa Lary A Cabaniña, de Folgoso, “por contribuír á mellora dunha oferta turística de calidade nun espazo tan singular e emblemático como a Serra do Courel”.
O primeiro premio correspondeu ao Centro de Día da Asociación Amicos, de Boiro, polo seu compromiso no coidado e atención a persoas con discapacidade intelectual nas comarcas de Barbanza, Noia e Sar. Tamén levaron premio unha vivenda comunitaria para maiores en Rodeiro, un proxecto de atención a familiares de persoas con demencia no rural de Santiago, e un proxecto cultural en Lalín. O premio especial á mocidade foi para a Banda Xuvenil de Música de Xinzo.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio