Crónica del sur de Lugo

Máis liñas de autobús para Monforte e Chantada

Unha das novidades é a liña de reforzo entre Monforte- Chantada- Santiago os venres e no inicio das pontes, durante o curso universitario. (Arquivo EC)

• A Xunta deu luz verde este mes a varias melloras no servizo de transporte público en autobús no sur de Lugo.
Na ruta Monforte de Lemos- O Saviñao, haberá unha nova liña con dúas expedicións. Así, de luns a venres e durante todo o ano, funcionará unha liña con saída de Monforte ás 12,50 horas, e chegada a Escairón ás 13,30, con paradas en Monforte, Pantón e O Saviñao. A maiores, establécese un reforzo os luns, martes e mércores, nos meses lectivos, con saída de Monforte ás 18 horas, e chegada ás 18,35 a Escairón. A ruta inversa ata Monforte conta con varias combinacións coas liñas Lalín-Monforte-Lugo e as conexións con Santiago. O delegado da Xunta en Lugo destacou que estes reforzos están pensados sobre todo para facilitar o regreso ao fogar dos estudantes da contorna que cursan a súa etapa formativa na cidade do Cabe.
A liña Monforte-Currelos terá dúas expedicións, nos días laborais, con saída dende Currelos ás 7,30 e chegada a Monforte ás 8,20. A saída de Monforte é ás 14,00 horas, para chegar a Currelos ás 15,15 horas.
Outra novidade é a nova liña Monforte-Santiago os venres e inicio de pontes, que beneficiará sobre todo aos universitarios. A saída da estación de Santiago é ás 18 horas, con chegada a Monforte sobre as 19,50 horas, parando na estación de Chantada ás 19,22 e en Escairón ás 19,36. A saída dende Monforte é ás 15,50 horas, con parada en Escairón ás 16,03 e en Chantada ás 16,17.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio