Crónica del sur de Lugo

Xunta e Goberno central impulsan melloras nas comunicacións do sur de Lugo

A Xunta licita as obras de mellora da LU-901 en Carballedo por máis de 550.000 euros

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o alcalde de Carballedo, Julio Yebra-Pimentel, na presentación das obras da LU-901, o pasado 20 de novembro. GPDTL
• O pasado 20 de novembro, o Diario Oficial de Galicia publicou a licitación dos traballos de reforzo do firme na estrada LU-901, entre A Barrela e Cea, no municipio de Carballedo. A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas, achega un total de 555.827 euros para estas obras, cun prazo de execución de catro meses.
REFORZO DO FIRME
Segundo precisaron o delegado da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro, e o rexedor de Carballedo, Julio Yebra-Pimentel, na presentación do proxecto, as obras efectuaranse en dous tramos deste vial de titularidade autonómica. O proxecto inclúe o treito entre o límite provincial ata o inicio da travesía de A Tolda, no punto quilométrico 10 +950, e dende o final de dita travesía, no punto 11+360 ata o 16+500.
Os traballos consistirán no reforzo do firme, con reposición de marcas viarias. Ademais, está prevista, con carácter complementario, a execución de cunetas de formigón e substitución de drenaxes transversais. Os responsables autonómicos anunciaron que non será preciso cortar a circulación durante a execución dos traballos.•

Fomento licita o proxecto da variante de Monforte da  A-76

• R.-MONFORTE.

O 11 de novembro, publicouse no Boletín Oficial do Estado o contrato de servizos de redacción do proxecto para o trazado e construción do tramo Monforte de Lemos-Babela, por preto de 1,3 millóns de euros. Este tramo, que corresponde á circunvalación de Monforte, está incluído na futura autovía A-76 entre Ponferrada e Ourense.
A portavoz do Partido Popular en Monforte, Julia Rodríguez, cualificou esta medida como “un compromiso moi importante” do Goberno central no impulso á A-76. Rodríguez lembrou a importancia deste vial “para a vertebración da Galicia interior”.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio