Chantada participa con Medio Ambiente na redución de desperdicios alimentarios na hostelería

A conselleira de Medio Ambiente, cos representantes das asociacións provinciais de hostelería, na sinatura do convenio en Santiago o día 14 deste mes. GPXG
• Chantada vai acoller unha das accións incluídas na campaña de redución de desperdicios alimentarios que está a levar a cabo a Consellería de Medio Ambiente.
CONVENIO COAS ASOCIACIÓNS PROVINCIAIS DE HOSTELERÍA
Este departamento autonómico vén de asinar un convenio coas asociacións provinciais do sector, co que poñer en marcha un proxecto piloto con actuacións de fomento da denominada «economía circular» e de loita contra o cambio climático.
Esta campaña, denominada «Love food- not waste- Non ao desperdicio alimentario», pretende incrementar o aproveitamento dos alimentos no sector, permitindo que os clientes leven á casa a comida non consumida nos restaurantes e establecementos.
CHARLA DE SENSIBILIZACIÓN O LUNS 27 DE NOVEMBRO NO TELECENTRO DE CHANTADA
Unha das primeiras medidas dentro da campaña é a celebración dunha rolda de charlas de sensibilización, ata un total de 17 na provincia de Lugo. A cita en Chantada será o luns 27 de novembro, de 11 a 12,30 horas, no Telecentro da rúa Ribeira Sacra. Ao remate da sesión, os asistentes recibirán tuppers e bolsas reciclables para poñer en marcha a campaña.
O convenio apoia a adquisición de fiambreiras e bolsas ecolóxicas, reutilizables e biodegradables. Con estas medidas, preténdese reducir  a cantidade de residuos alimentarios, e recoñecer o carácter de ben prezado dos alimentos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Formalizado o contrato de concesión do Centro de Recría Gayoso Castro

Seguinte Nova

Xunta e Goberno central impulsan melloras nas comunicacións do sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: