Crónica del sur de Lugo

Formalizado o contrato de concesión do Centro de Recría Gayoso Castro

O presidente da Deputación, Darío Campos, e o responsable da concesionaria Recría Castro, Rogelio Grille, na sinatura do contrato, en presenza da presidenta de Seragro, Noelia García, e de membros do Goberno provincial, o pasado 8 de novembro. GPDL
• Nos primeiros meses de 2018 comezará a funcionar o Centro de Recría Gayoso Castro, logo da sinatura do contrato de concesión pública entre a Deputación de Lugo e a empresa adxudicataria, Recría Castro, que logrou a puntuación máis alta no proceso público.
Segundo explicou o presidente da Deputación, o centro de recría aforrará cartos aos gandeiros, cunha redución media de 300 euros por xovenca, e permitirá a estes profesionais unha recría maior e de mellor calidade, ao non ter que exportar as xovencas doutros centros de España, e beneficiarse da calidade xenética que aportará o centro lucense. Ademais, os estudos realizados estiman que o centro de recría xerará na provincia un volume de negocio de 3 millóns de euros anuais, unha vez que estea a pleno rendemento.
CARACTERÍSTICAS
O Centro de Recría Gayoso Castro inclúe 86.000 metros cadrados de superficie, con 13 naves para acoller unha media de 200 animais cada unha. As naves dispoñen de 2.200 cubículos, 2.200 camas de goma EVA e 2.200 cornadizas automáticas, con 208 bebedoiros e un sistema de limpeza automática, entre outras dotacións.
Ademais, o centro conta cunha planta de biogás integrada, a máis grande de Galicia no sector agrogandeiro, que proporcionará 300 kilowatios de enerxía polo tratamento de 32.000 metros cúbicos de xurros, estercos e residuos vexetais. Deste xeito, garántese a autonomía enerxética das instalacións, e incluso producirá excedentes para aforrar 200.000 euros de luz ao ano. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
Ir a Inicio