Aberto o prazo para inscribirse no programa provincial Lugo Termal 2017

•O programa de turismo saudable ofrece aos lucenses maiores de 55 anos máis de 700 prazas con descontos en tratamentos termais, ata finais de marzo

O Balneario de Augas Santas, en Pantón, participa no programa Lugo Termal, da Deputación de Lugo. (Arquivo EC)
• Dende o 13 de novembro está aberto o prazo para solicitar praza nas 740 habilitadas no programa Lugo Termal 2017, unha iniciativa da Deputación que ofrece descontos de máis de 60 euros en tratamentos termais para lucenses maiores de 55 anos. As características do programa foron explicadas polo presidente do organismo provincial, Darío Campos, trala aprobación das bases de selección dos usuarios na Xunta de Goberno do día 10. Campos precisou que o Lugo Termal busca «potenciar o benestar social e permitir o acceso dos maiores lucenses ao turismo termal na provincia». Os tratamentos deste programa, que acada a súa sétima edición, desenvolveranse nos balnearios de Lugo, Pantón e Palas de Rei, dende este mes e ata finais de marzo de 2018.
TRATAMENTOS CON OU SEN ESTANCIA EN BALNEARIO
Hai dúas modalidades do Lugo Termal. O paquete con estancia inclúe 6 días con 5 noites a pensión completa nun dos tres balnearios, con entrada en domingo e saída en venres, ademais dun recoñecemento médico, 12 técnicas termais e diversas actividades socioculturais. O prezo final é de 190 euros, logo de aplicar os descontos financiados pola Deputación a través do programa. Para esta modalidade, ofrécense 30 prazas no Balneario de Lugo, 400 no de Augasantas en Pantón, e 170 no establecemento de Pambre.
A modalidade sen estancia inclúe 30 técnicas termais ao longo de 10 días, repartidas en tres por xornada, cun recoñecemento médico ao inicio. O prezo total é de 200 euros, tras aplicar os descontos do Lugo Termal. Esta modalidade dispón de 100 prazas no Balneario de Lugo, 20 no de Augasantas e outras tantas no Balneario Río Pambre.
ATENCIÓN ÁS PERSOAS CON PROBLEMAS DE MOBILIDADE
O Lugo Termal ofrece diversas fórmulas para facilitar o acceso e disfrute das actividades termais a persoas con problemas de mobilidade. Con esta vocación social, a iniciativa da Deputación inclúe programas específicos para persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial.
Nesta liña, o Lugo Termal contempla a presenza dun acompañante, que poderá beneficiarse tamén dos descontos aínda que non sexa maior de 55 anos, pero debe estar empadroado na provincia.
CÓMO INSCRIBIRSE
As persoas interesadas en disfrutar do Lugo Termal 2017 xa poden inscribirse nesta iniciativa. Para tramitar a solicitude, deberán presentar no Rexistro da Deputación o formulario cuberto que aparece na páxina web www.deputacionlugo.gal, xunto con dúas fotocopias do DNI  do solicitante, e outras dúas do acompañante.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O colectivo Lemos Le homenaxeou á farmacéutica do Saviñao Balbina López Somoza no IV Certame Mulleres de Lemos

Seguinte Nova

Formalizado o contrato de concesión do Centro de Recría Gayoso Castro

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: