Crónica del sur de Lugo

O colectivo Lemos Le homenaxeou á farmacéutica do Saviñao Balbina López Somoza no IV Certame Mulleres de Lemos

O Concello do Saviñao sumouse á celebración, descubrindo unha placa no edificio da farmacia de Balbina. (F.cedida)

 

O fillo de Balbina, Manuel Taboada, participou na homenaxe á protagonista do IV Certame Mulleres de Lemos. Manuel descubriu a placa na honra da súa nai, e ofreceu unhas palabras na cea de confraternidade organizada por Lemos Le. (F. cedida)

•O pasado 23 de outubro, co gallo da celebración do Día Internacional da Biblioteca, o colectivo Lemos Le organizou un roteiro por Escairón na honra de Balbina López Somoza.
Esta veciña do Saviñao foi  a primeira colexiada en Farmacia que rexentou a súa propia botica neste municipio, ademais de exercer como primeira inspectora farmacéutica municipal. Estes datos figura na placa descuberta no edificio que acolleu a farmacia de Balbina, e coa que o Concello do Saviñao quixo sumarse á homenaxe á súa figura, protagonista do IV Certame Mulleres de Lemos.
A xornada culminou cunha cea de confraternidade, na que se entregaron os premios desta edición do Certame. Os gañadores foron Víctor Domínguez en Banda Deseñada, e María Isabel Fernández García na categoría de Divulgación.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio