Enerxía da terra nas creacións de arte mineral de María Quiroga

A artista, vinculada ao Incio e a Sarria, vén de expoñer a súa obra na VIII edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño

A “Catrina” exposta na VIII Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño é unha boa mostra da obra de María Quiroga, vinculada ao Incio e cun taller itinerante por Sarria e outros puntos de España. EC

 

“Tetraedro” (2014) recolle, segundo explica a súa autora, a representación xeométrica do elemento lume dentro da tradición alquímica. (F.cedida)

• A forza telúrica dos minerais integra, a nivel material e emocional, as creacións que María Quiroga elabora no seu Taller de arte mineral Canto do Río. Discípula agradecida do artista Antonio Bello, “o meu mestre e unha fonte de inspiración para sempre”, María Quiroga deu o salto ao mundo mineral da man do Alquimista de Lousada, en Samos. Antes, centraba a súa obra en técnicas máis tradicionais, como o lápis, o óleo ou a acuarela. A aprendizaxe con Bello marcou un novo camiño de creación, no aspecto técnico e tamén temático. “Cando coñecín a Antonio no seu taller de arte mineral, a súa obra e a súa personalidade fascináronme”, sinala Quiroga, que dende entón aprendeu a interpretar os cristais, o sílex e outros elementos minerais dun xeito integral. “Son elementos que veñen de dentro da terra, por iso é unha arte telúrica, orgánica”, precisa Quiroga, que afirma que “pode sentirse a forza dos minerais, cando se traballa e cando se contempla a obra”. Por iso, a xeometría centra agora as súas creacións, “como unha linguaxe universal”, dentro do seu taller itinerante Canto do Río, en referencia, de novo, ao sílex, mineral predominante na súa obra e que procede nas rocas sedimentarias máis profundas. Unha pegada que transmite en cada peza, apuntando a un sentimento fondo e universal.•

“Volvoreta” (2015) apunta aos motivos naturais que, xunto coa xeometría, centran a obra que realiza María Quiroga no seu Taller de Arte Mineral Canto do Río. (F.cedida)

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Melloras nos accesos a viñedos en Sober

Seguinte Nova

O colectivo Lemos Le homenaxeou á farmacéutica do Saviñao Balbina López Somoza no IV Certame Mulleres de Lemos

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: