Crónica del sur de Lugo

Melloras nos accesos a viñedos en Sober

O arranxo dos accesos a viñedos é considerada unha labor “prioritaria” polo Concello de Sober, que vén de investir 100.000 euros nestas obras. GPCS
• O Concello de Sober está a completar este mes unha serie de melloras en accesos a viñedos, nas parroquias de Doade, Amandi, Lobios, Pinol, Anllo e Rosende. Segundo explicaron dende o Consistorio, as obras consisten na limpeza da vexetación nas marxes e a aplicación dun pavimento de formigón.
INVESTIMENTO COFINANCIADO DE 100.000 EUROS
As obras fináncianse cun total de 100.000 euros, dos que 60.000 foron aportados pola Consellería de Medio Rural a través do convenio do Plan de Infraestruturas Rurais. Os restantes 40.000 euros achégaos o Concello con fondos propios.
Para o Concello de Sober, o arranxo dos accesos ás explotacións vitícolas é “prioritario”. O alcalde, Luis Fernández Guitián, lembrou que traballos deste tipo se realizan todos os anos. O rexedor soberino adiantou que o equipo de Goberno está xa a traballar nun novo proxecto de melloras para o vindeiro ano.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

Ir a Inicio