Crónica del sur de Lugo

Acordo para promocionar o Xeoparque Montañas do Courel cun vídeo feito a vista de dron

•Quiroga estableceu un convenio de colaboración, xunto a Ribas de Sil e Folgoso, con AGADER para a elaboración dun vídeo promocional mediante un dron

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, participou na sinatura do convenio de colaboración con AGADER, en presenza da alcaldesa de Folgoso, Dolores Castro, o tenente de alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro, e o director xeral de AGADER, Miguel Pérez Dubois. GPXG
• A candidatura do Xeoparque Montañas do Courel contará cun novo apoio promocional co que dar a coñecer a riqueza do patrimonio xeolóxico e paisaxístico deste espazo. A comezos de novembro, tivo lugar a sinatura do convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e os Concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, implicados na creación deste Xeoparque. Este acordo permitirá a elaboración dun vídeo que incluirá vistas dos lugares máis senlleiros deste espazo, tomadas a vista de dron. No acto, que se celebrou o 4 de novembro na Estación Científica de Seoane do Courel, estiveron presentes o director xeral de AGADER, Miguel Pérez Dubois; o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez; a alcaldesa de Folgoso, Dolores Castro; e o tenente de alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro.
O PATRIMONIO XEOLÓXICO, EIXO COMÚN
Durante o acto de sinatura, os tres representantes municipais insistiron na importancia da coordinación, a colaboración e a aposta polo desenvolvemento territorial que están a realizar dende estes Concellos para poñer en valor o territorio. A unidade de acción que están a levar a cabo estes tres Concellos non só se materializa na prestación de servizos ou en estratexias de fomento do emprego, senón especialmente en proxectos deste tipo, que establecen como eixo condutor o patrimonio xeolóxico común.
PROMOCIÓN CON IMAXES TOMADAS DENDE UN DRON
Segundo explicaron os responsables desta iniciativa, o vídeo vai recoller, con tomas aéreas dende un dron, os principais xeosites, escollidos da listaxe elaborada pola candidatura do Xeoparque Montañas do Courel. A lista establece 97 lugares de interese xeolóxico, 36 lugares de interese cultural, e 6 lugares de biodiversidade.
No acto, que coincidiu coa celebración da XXX Festa da Castaña, estiveron presentes membros da Comisión de Patrimonio Geológico de la Sociedad Geológica de España, e o presidente do Foro Geoparques España, Asier Hilario Orús. Estas entidades foron invitadas pola Asociación Montañas do Courel para participar nunhas xornadas de coñecemento deste territorio.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio