Crónica del sur de Lugo

Inaugurado o novo local social da parroquia monfortina de Sindrán

O alcalde de Monforte, José Tomé, e a tenente de alcalde, Gloria Prada, participaron na festa de inauguración do novo local social en Sindrán, situado no lugar de Eirexe, a finais de outubro. GPCM

• O pasado 21 de outubro, tivo lugar a inauguración do novo local social da parroquia de Sindrán, no municipio de Monforte de Lemos. O edificio, situado no lugar de Eirexe, conta cunha superficie de 114 metros cadrados, dos que algo máis de 78 corresponden á sala de reunións. Os restantes 18 metros inclúen o porche de acceso ao local.
SINDRÁN, DAS PARROQUIAS MÁIS POBOADAS E CON GRAN ACTIVIDADE VECIÑAL
O alcalde de Monforte, José Tomé, e membros da corporación asistiron á festa de inauguración. O rexedor explicou que o local “vén cubrir unha carencia que existía”, e cualificou esta obra de “indubitable interese público”, porque dará un servizo aos numerosos veciños de Sindrán. Esta parroquia, situada na periferia do municipio, é unha das que conta con maior poboación no municipio, cunha importante actividade veciñal.
O alcalde de Monforte insistiu na importancia deste tipo de dotacións, que melloran a prestación de servizos no rural e contribúen á dinamización social “ofrecendo un espazo de reunión para todos os veciños”.
O investimento no novo local de Sindrán foi de algo máis de 76.200 euros.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio