Crónica del sur de Lugo

Tamara Lebón ofrece a mostra “Segundas Oportunidades” no Outono Fotográfico de Chantada

A exposición fotográfica “Segundas oportunidades”, de Tamara Lebón, pode verse na Casa da Xuventude de Chantada ata o 22 de novembro. CXCH
•A Casa da Xuventude de Chantada acolle ata o 22 de novembro a exposición “Segundas oportunidades”, de Tamara Lebón Sánchez. A mostra está incluída nas actividades que o Espazo Xove organiza dentro do Outono Fotográfico.
EN PRAZO O CONCURSO FOTOGRÁFICO
O programa da Casa da Xunventude ten en marcha un curso de fotografía dixital con Photoshop ata finais de ano. Así mesmo, está aberto ata o 22 de novembro o prazo para enviar traballos ao Concurso Fotográfico. Todas as persoas interesadas poden presentar entre dúas e catro fotografías, inéditas e orixinais, en branco e negro ou en cor, cun formato de 18 x 24 cms. A temática é libre, aínda que haberá un premio especial para a mellor fotografía sobre os libros e a lectura.
As fotos enviaranse á Casa da Xuventude de Chantada en sobre pechado baixo lema, incluindo plica cos datos do autor.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio