Crónica del sur de Lugo

Pantón participa no obradoiro conxunto “Baliño” con Sober e O Saviñao

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, xunto ao alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e ao tenente de alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, acompañaron ao delegado da Xunta no encontro que mantivo en Ferreira cos participantes no obradoiro de emprego, a finais de outubro. GPXG
• Un total de 15 mozos e mozas desempregados e menores de 30 anos están a participar no obradoiro de emprego “Baliño”, que comparten os concellos de Pantón, Sober e O Saviñao. A finais de outubro, os alumnos mantiveron en Ferreira un encontro co delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado dos alcaldes de Pantón e Sober, e do tenente de alcalde do Saviñao.
DÚAS LIÑAS FORMATIVAS NO OBRADOIRO
Este obradoiro ofrece formación teórico-prática en dúas especialidades, albanelería e montaxe e instalación de construcións de madeira.
O alumnado desenvolverá traballos concretos de interese social en cada un dos tres concellos. En Pantón, construirán o peche da pista deportiva municipal e acondicionarán a casa do campo da feira de Ferreira.
Pola súa banda, o alumnado acondicionará en Sober varias marquesiñas, así como a fachada e interior dos edificios anexos á Casa do Concello.
Por último, no Saviñao renovarán o peche do campo da Lama de Sampil, ademais de arranxar mobiliario urbano e a biblioteca pública.
FORMACIÓN EN EMPRENDEMENTO E CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE
O obradoiro completarase   con formación específico sobre emprendemento, de interese para os alumnos que queiran poñer en marcha o seu propio negocio. Ademais, o alumnado recibirá un certificado de profesionalidade.•

4 OBRADOIROS NO SUR, CON MÁIS DE 70 BENEFICIARIOS

•Na actualidade, a Xunta ten en marcha 4 obradoiros de emprego no sur de Lugo, con accións en 9 concellos que benefician a máis de 70 persoas que estaban no paro. Para estas iniciativas, a Xunta destina un total de 840.000 euros.
Os obradoiros forman parte da Axenda 20 para o Emprego, coa que o Goberno galego busca fomentar o emprego estable e de calidade. O obxectivo é baixar a taxa de paro ao 10% en 2020.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio