A Xunta abre en Lugo unha oficina para atender ás persoas en risco de desfiuzamento

•Dous profesionais axudan aos afectados a tramitar expedientes cos servizos centrais da Consellería, evitándolles desprazamentos •Tamén dan información sobre as axudas no caso da perda da vivenda por impagos

O delegado da Xunta en Lugo reuniuse cos dous traballadores que se incorporan á oficina do programa Reconduce, o 31 de outubro. GPDTL
• A Consellería de Política Social vén de poñer en marcha en Lugo unha oficina de asesoramento para os afectados por desfiuzamentos. Segundo informou o delegado da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro, este servizo atópase na planta baixa do Edificio Administrativo da propia Delegación, e conta con dous traballadores.
COORDINACIÓN ENTRE ORGANISMOS
Balseiro precisou que esta iniciativa forma parte do programa Reconduce, no que participan un total de cinco departamentos autonómicos. Ademais, implica a organismos como o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Federación Galega de Municipios e Provincias, en virtude do convenio que suscribiron coa Xunta de Galicia para aplicar medidas de protección ante os desfiuzamentos.
TRÁMITES E AXUDAS
A oficina do programa Reconduce dá información ás persoas que estean en risco de perder a súa vivenda, para axudarlles a tramitar os expedientes cos servizos centrais da Xunta, e que non teñan que desprazarse sen necesidade. Así mesmo, na oficina aportan todos os datos sobre as diversas axudas que a Administración pon ao servizo dos cidadáns para facer fronte a estes problemas. O delegado en Lugo lembrou que estas axudas inclúen o bono de alugueiro social, o censo de vivendas baleiras, ou o asesoramento xurídico gratuíto, ademais de poder entrar no programa RehaVita, que facilita o acceso á vivenda para os cidadáns con menos recursos.
RESPOSTA «ÁXIL E ADECUADA A CADA CASO»
No anuncio da posta en marcha en Lugo da oficina do programa Reconduce, José Manuel Balseiro destacou a intención da Xunta de «ofrecer un servizo próximo ao cidadán, que proporcione unha resposta áxil e adecuada a cada caso». Trataríase de «poñer freo ou, cando menos, ofrecer alternativas á cidadanía» nunha situación que Balseiro cualificou de «drama».•

•Entrega dunha vivenda social á familia de Monforte afectada por un incendio en setembro

• A finais de outubro, a Xunta entregou unha vivenda en Monforte á familia que perdera o seu fogar nun incendio ocurrido en setembro. O delegado da Xunta en Lugo foi o encargado de formalizar a entrega das chaves aos novos usuarios destas vivenda de promoción pública. O inmoble, que foi adxudicado de xeito directo na modalidade de aluguer, ten unha superficie de algo máis de 78 metros cadrados, con catro dormitorios, cociña, baño e comedor.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Completadas as melloras na pista exterior de tenis e patinaxe do Saviñao

Seguinte Nova

Melloras no acceso ao parque infantil da Compañía

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: