Crónica del sur de Lugo

A Deputación colabora coa Federación de Veciños de Lugo, que reúne a máis de 250 colectivos

O titular da Deputación e a alcaldesa de Lugo asistiron á sinatura coa Federación de Veciños de Lugo. GPDL

A Deputación de Lugo vén de asinar este mes un convenio de colaboración coa Federación de Veciños de Lugo, entidade que presta servizos a 257 asociacións de toda a provincia, e que representan a máis de 20.000 veciños. Segundo explicou o presidente da Deputación, Darío Campos, con este convenio, por importe de 30.000 euros, o organismo provincial “renova  o seu compromiso cos veciños lucenses”. A Federación ofrece servizos de asistencia técnica aos colectivos veciñais da provincia.
Pola súa banda, o presidente da Federación, Jesús Vázquez, agradeceu o apoio da Deputación, e insistiu na importancia de que o organismo provincial siga “reforzando os programas de mellora do rural”, como os arranxos de traídas de auga ou de camiños, “que son de vital importancia” para a calidade de vida dos veciños.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio