Crónica del sur de Lugo

A Xunta explicou en Monforte as axudas aos afectados polos incendios

Balseiro explicou en Monforte os detalles das achegas. GPDTL

• O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou en Monforte os detalles das axudas que está a poñer en marcha o Executivo galego, destinadas aos afectados pola vaga de lumes do pasado mes. A principal novidade é, segundo explicou o delegado, que Medio Rural anticipará ata o 50% do importe das axudas, co fin de que os afectados poidan dispoñer “canto antes” destes fondos e atender os gastos da reparación de danos.
Balseiro lembrou as diversas liñas de axudas, que inclúen, por unha banda, as que Medio Rural destina a explotacións agrogandeiras para compensar perdas na produción agrícola, animais mortoso u colmeas destruídas, e tamén os gastos derivados da alimentación complementaria precisa para o gando. As explotacións tamén poderán optar a axudas para reparar danos en maquinaria ou infraestruturas, como pistas forestais ou captacións de auga, entre outros. Por outra, hai axudas para a recollida de madeira con destino comercial e non comercial, en diversas modalidades.
A estas liñas hai que sumar, segundo lembrou Balseiro, os 10 millóns en axudas directas que o Goberno galego destina para danos en montes, estradas e espazos baixo competencia autonómica.
Toda a información sobre axudas pode obterse no teléfono gratuíto 900 815400, operativo todos os días da semana de 8 a 22 horas.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

     
Ir a Inicio