Crónica del sur de Lugo

Dúas medallas para os deportistas do Neka coa selección galega de Taekwondo

•O monfortino Alejandro Fernández, do Escola Lucense, acadou o ouro na súa categoría

Parte da expedición do Neka, con outros membros da selección galega que asistiron ao Open de Navarra. (Foto cedida).
• O taekwondo monfortino vén de completar un destacado papel coa selección galega no Open Cidade de Pamplona, disputado na capital navarra o 21 de outubro. Tres deportistas da cidade do Cabe aportaron medallas ao palmarés autonómico, de xeito que Galicia rematou gañadora na clasificación xeral detécnica e freestyle. A nivel individual, Alejandro Fernández, do Escola Lucense, foi ouro en categoría cadete, e polo Neka, Álex Camba sumou un bronce á súa exitosa traxectoria, cunha actuación “fantástica”, en palabra do técnico da selección e adestrador do Neka, José Mª Vega. Pola súa banda, Elena Varela deu un paso máis no palmarés de freestyle, logrando unha medalla de prata.
Na modalidade de parellas, Camba e Varela remataron a proba nun interesante quinto posto que, ao lograr podio unha parella de Portugal, permite que os de Monforte poidan sumar un punto no ranking da selección española.
A presenza monfortina na selección galega completouse con Carlos Rey e José Roca, cunha boa actuación que non bastou para pasar ronda.
250 DEPORTISTAS COMPETIRON EN QUIROGA
Xa a comezos de novembro, tivo lugar en Quiroga a Copa Deputación de Taekwondo, puntuable para a proba autonómica. A cita reuniu na capital quiroguesa a preto de 250 deportistas dos 8 clubes lucenses. Dos 53 competidores do Neka, lograron o pase 47, que disputarán a Copa Xunta en Teo o vindeiro 18 de novembro.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio