O conselleiro de Economía visitou Cementos Cosmos

Francisco Conde, coas alcaldesas de Sarria e Triacastela, visitou a cementeira do Oural o 3 de novembro. GPXG

Francisco Conde salientou que a volta á actividade da planta que Votorantim ten no Oural xerou 375 postos de traballo na comarca. O conselleiro de Economía e Industria destacou que Cementos Cosmos foi un dos 20 proxectos empresariais beneficiados das axudas da Oficina Doing Business. Esta plataforma online, impulsada en 2016 pola Xunta de Galicia, contribúe á axilización administrativa, e será “peza fundamental” da Lei de implantación empresarial, segundo precisou Conde.
Na súa visita á planta de Sarria, o conselleiro gabou a aposta de Cementos Cosmos polo uso de combustibles alternativos, o pulo á exportación e ás novidades implementadas pola empresa nas instalacións, como o novo laboratorio ou os novos equipos de control ambiental.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O presidente da Deputación non compareceu no Parlamento galego «pola nula colaboración e transparencia» da Xunta

Seguinte Nova

Preto de 3,5 millóns de euros provinciais en convenios de impulso á gandeiría

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: