Presentan o primeiro viño espumoso da Ribeira Sacra

•O viño creado pola enóloga Cristina Murga foi elaborado nunha cova en Sober •A produción inicial será de 1.500 botellas de branco lexítimo

A enóloga Cristina Murga presentou o seu espumoso na cova que posúe en Sober, nun acto no que estivo acompañada polo alcalde, Luis Fernández Guitián. GPCS
• A Ribeira Sacra xa conta co seu primeiro viño espumoso. A iniciativa partiu da enóloga Cristina Murga, que elaborou este viño na súa cova en Sober. O proceso, que durou tres anos, culminará este Nadal coa posta á venda de 1.500 botellas.
Murga deu a coñecer as características do seu produto nun evento celebrado o pasado 13 de outubro, no que amosou o espazo da cova na que se desenvolveu a segunda fermentación do viño, e ofreceu unha degustación deste novidoso produto.

 

Murga deu a coñecer as características do seu novidoso viño nunha degustación o pasado 13 de outubro. GPCS
PROXECTO “MOI ILUSIONANTE”
A nova opción enolóxica da Ribeira Sacra comercializarase baixo o nome “Chris”, un branco lexítimo elaborado con treixadura e godello. Segundo explicou Cristina Murga, especializada en viños espumosos, o proxecto emprendido en Sober é “moi ilusionante”.
No evento participou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, que gabou a iniciativa de Murga para empregar a uva da Ribeira Sacra nun produto que abrirá novos mercados, “e levará o nome de Sober por todo o mundo”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober contará cun novo miradoiro na confluencia do Cabe e o Sil

Seguinte Nova

En marcha máis obras nas rúas de Monforte

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: