Crónica del sur de Lugo

Sober contará cun novo miradoiro na confluencia do Cabe e o Sil

•O Concello iniciou a construción deste espazo no lugar de A Pena do Conde, preto da Barca de Santo Estevo

O novo mirador aproveita unha atalaia natural no lugar de A Pena do Conde, moi próxima á Barca de Santo Estevo. GPCS

• A mediados de outubro, o Concello de Sober comezou os traballos de construcion do que será o décimo miradoiro deste municipio. A infraestrutura, que permitirá ver a confluencia dos ríos Cabe e Sil, aproveita o miradoiro natural do lugar de A Pena do Conde, preto da Barca de Santo Estevo. Segundo explicou o alcalde, Luis Fernández Guitián, este será o primeiro miradoiro da Ribeira Sacra sobre o Canón do Cabe.
Fernández Guitián salientou a importancia deste novo punto de interese turístico, xa que está moi preto do petroglifo de A Tapada do Monte, ademais de permitir unha espectacular vista do mosteiro de Santo Estevo e da estación de ferrocarril do mesmo nome.
O proxecto, redactado por Gimena Ingeniería, inclúe un aparcadoiro, senda de acceso, área de interpretación e miradoiro accesible. O orzamento é de 49.000 euros, dos que 39.000 son aportacións de Turismo de Galicia a través da liña de subvencións para mellorar a accesibilidade a recursos turísticos.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

Ir a Inicio