Crónica del sur de Lugo

A residencia SARquavitae de Bóveda cumpliu cinco anos

O delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, visitou co alcalde de Bóveda a Residencia SARquavitae, con motivo do quinto aniversario deste centro. GPDTL
• O Centro para Persoas con Discapacidade Física SARquavitae de Bóveda vén de cumprir os seus primeiros cinco anos de andadura en Bóveda.
A XUNTA TEN CONCERTADAS 105 PRAZAS
Esta residencia, referente en Galicia para a atención á discapacidade física, ofrece un total de 114 prazas residenciais e 5 de enfermería. A Consellería de Política Social ten concertadas 105 prazas nestas instalacións, nas que traballa unha plantilla de 81 profesionais.
Con motivo desta efeméride, desprazouse ata Bóveda o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. Na visita que realizou á residencia SARquavitae, acompañado polo alcalde, José Manuel Arias, o delegado autonómico valorou o labor que realizan os profesionais deste tipo de centros. Balseiro salientou, así mesmo, a necesidade de descentralizar os servizos sociais mediante diferentes fórmulas. O representante da Xunta en Lugo explicou que este tipo de concertos permiten achegar as prestacións aos usuarios, independentemente do lugar no que residan.•

A Xunta licitou o mobiliario e equipamento do centro de día-residencia de Paraleda

• A primeiros de outubro, a Consellería de Política Social licitou o equipamento para o futuro centro de día-fogar residencial de Paradela. Segundo informaron dende este departamento autonómico, o orzamento para equipar e amoblar este centro é de preto de 130.000 euros, cun prazo de execución de 30 días.
MÁIS DE 1,6 MILLÓNS DA XUNTA NA CONSTRUCIÓN DO EDIFICIO
Este centro para atención de maiores en Paradela foi construído pola Xunta de Galicia cun investimento superior ao 1,6 millóns de euros. O edificio, distribuído en dúas plantas, ofrece un total de 20 prazas no servizo de centro de día, e outras 24 en réxime de atención residencial.
Os responsables do departamento de Política Social da Xunta anunciaron que, en breve, estará asinado un convenio entre o Consorcio Galego de Benestar e  o Concello de Paradela. O obxectivo deste convenio é determinar, entre as dúas administracións, a fórmula de xestión que se considere máis axeitada para este centro.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

Ir a Inicio